Quen son eu?
Chámome Mônica, son brasileira, teño 18 anos e curso Sistemas de Informacíon na Universidade de San Paulo
Por que o Galego?
A pesar de ser da área da computación, teño moito interese pola lingüística e sempre busco analizar como a lingua é influenciada ao longo da historia e polo seu pobo, a esencia de todo idioma.
Non tiña coñecemento ata hai un mes da existencia do galego, xa escoitei falar do xentilicio, pero non sabía que era un idioma, até que investiguei e vin que este idioma é irmán do meu nativo, o portugués. Pareceume fascinante o feito de que teñan un 85% de intelixibilidade mutua e a pronuncia e as súas peculiaridades encantáronme de verdade.
Como consecuencia, estou comezando a aprender cada día máis sobre a cultura de Galicia e, por iso, abrín este blogue; quero rexistrar esta miña xornada de coñecemento, será unha forma de motivarme a seguir.
O curioso de todo isto é que nunca intereseime por España, pero, debido ao galego, sinto que terei que aprender tamén o castelán para no futuro viaxar por aí ou facer algo máis, o futuro pertence a Deus, pero necesito prepararme.
Que confusa voume sentir aprendendo estes dous idiomas? Ata que punto serei influenciada polo lusismo e castelanismo? Non o sei, pero non permitirei que iso deteñame. Será un desafío interesante.